2004: ANO XAQUÍN LORENZO "XOCAS"
![]() |
Xaquín Lorenzo |
![]() |
17 de maio de 2004 |
Esta imaxe, como ben se ve, foi Portada do Suplemento das Letras Galegas do ano 2004, no que Xaquín Lorenzo "Xocas", etnógrafo e antropólogo -fundamentalmente- recibe a xusta homenaxe nacional. Unha outra caricatura realizada sobre Xaquín Lorenzo tamén saiu nun acto que, outrora, realizara o amigo Gonzalo Bouza-Brei (xa finado e que foi quen de me introducir no mundo da crítica e da colaboración xornalística) nas terras de Vilagarcía e, así mesmo, reproduciuse no Diario de Arousa.
2005: ANO LORENZO VARELA
![]() |
Lorenzo Varela |
![]() |
17 de maio de 2005 |
Con esta ilustración, elaborada en tinta chinesa e augatinta, comézase a facer ver o meu gusto pola colaxe, por esa colaxe -de base pictórica- creada tamén con anacos de papel de xornal (en galego) que, desta volta tamén quixo levar un recorte do devandito Galicia Hoxe no peito do homenaxeado, tal for un xersei ou un chaleco que usase dacotío.
2011: ANO LOIS PEREIRO
Xa en cor, no ano Lois Pereiro, Galicia Hoxe volve apostar por outra caricatura miña autoría. Coma no 2005 leva recortes do xornal Galicia Hoxe, mais comeza a amosar esas teas de tapizar que, pouco a pouco, foron habituais nas miñas pezas.
Lois Pereiro fuma un cigarro do que saen estrelas coa bandeira galega que pacificamente van invadir de luz o fondo dun ceo nocturno: a luz de Galiza, a luz da cultura, o valor da poesía,... e o recordo dos tempos, dos versos:

"Aquela noite
collín a man polo frío dos dedos
e paseima docemente polos beizos
querendo atopar as sinais
dos derradeiros berros abortados
cando a ledicia de almasí
baixo as cóxegas do medo
nin xiqueras a lebraba o sangue
¿Por qué, amor?
E calaba"
(Lois Pereiro)
2012: ANO VALENTÍN PAZ ANDRADE
![]() |
Valentín Paz Andrade |
![]() |
17 de maio de 2012 |
Valentín Paz Andrade comeza a ser nova a partir de 2012, e tanto os medios escritos como incluso os audiovisuais fan eco da súa biografía, da súa obra, dos seus proxectos, das súas ideas. Porén a forza divulgadora deste persoaxe debera ser moito maior, posto que o Día das Letras Galegas asemella que queda reducido a iso, exclusivamente a 24 horas, cando polo menos deberan ser varios meses, se non todos os días do ano.
Nesta ocasión, e por desgraza xa extinguida a edición en papel do Galicia Hoxe, Paz Andrade preside o xornal compostelán El Correo Gallego cunha peza miña.
Nela vese -dende a miña óptica- a figura homenaxeada que bebe dun vaso de auga (cheo de Galiza), arrodeada de peixes (en relación co labor empresarial de Valentín), cos títulos das diversas publicacións do autor e, como xa é costume, elaborada en acuarela, tinta chinesa e teas de tapizar.

2013: ANO ROBERTO VIDAL BOLAÑO
17 de maio de 2013 |
Roberto Vidal Bolaño |
E chega o 2013 ateigado de teatro, onde os narices de pallaso enchen de cor todos os recunchos mercé de Roberto Vidal Bolaño. É tempo de reivindicacións para a escena galega, para as actrices e actores, para a cultura en xeral por mor do estado de desprotección no que ultimamente se atopa.
Un Roberto Vidal feito caricatura é portada, de novo, en El Correo Gallego e un nariz coa bandeira galega avísanos que Roberto era "un galego de narices".
Na imaxe que elaboro, aparecen recortes de prensa do extinguido Galicia Hoxe (en homenaxe a ese medio), un ceo estrelado querendo acadar grandes glorias para a nosa cultura, Roberto cun chapeu no que se distinguen as máscaras da dramaturxia, o seu traxe cortado, ganduxado e rematado coas teas de tapizar. Inmensa é, ademais, esa lúa que quizais -o pallaso, o autor e actor, o dramaturgo e o loitador pola dignificación nacional da nosa cultura- quería agarrar coas mans ou xogar coma se for unha bóla de baloncesto: porque coa cultura podemos enredar e gozar con ela, porén non é un xoguete que poidamos desbotar cando nos cansemos del.

“Moitos de nós pensabamos que no fondo aos partidos de entón, como aos de
agora, a realidade do teatro só lles interesaba en termos pedagóxicos ou
didácticos, como se todos nós para sermos do seu agrado tivésemos que rematar
dando escola e non chamando á rebelión contra ela”.
(Roberto
Vidal Bolaño)
Sem comentários:
Enviar um comentário