quarta-feira, 8 de maio de 2013

AS/OS ESCRITORES/AS DAS LETRAS GALEGAS (CUNTIS)

A partir deste 8 de maio, e ao longo do mes, unha mostra sobre os 50 Anos de Letras Galegas estará exposta no CPI Don Aurelio Marcelino Rey (de Cuntis). 


Alén de moitos orixinais, haberá así mesmo reproducións de todas/os as/os escritoras/es homenaxeados co día das Letras Galegas, dende Rosalía de Castro (aquel ano de 1963) até Roberto Vidal Bolaño (este 2013). 

As/os rapazas/ces deste centro de ensino poderán ver os materiais con que habitualmente traballo (recortes de xornais en galego, tintas chinesas, teas de tapizar, cortiza de sobreira, madeira de castiñeiro, madeira de cedro e, sobre todo, acuarela e augatinta). 


Aínda que son algo así como 40 reproducións e outras tantas orixinais, tamén se amosan xornais (como o Galicia Hoxe e El Correo Gallego) onde algunha das miñas ilustracións foron portada nun 17 de maio. 

Todas as ilustracións son caricaturas de dúas series diferentes, unha que vai dende Rosalía a María Mariño (1ª serie) e outra dende Álvarez Blázquez a Vidal Bolaño (Serie Recente). Esta última ten formatos máis grandes e outras características, pois trabállanse máis as texturas (con teas) e as tintas pulverizadas. Todos os que queira visitar esta mostra poderán facelo, até final de mes, en horario de mañá de 09:30 a 14:00 h (de luns a venres).

Sem comentários:

Enviar um comentário