sexta-feira, 26 de abril de 2013

XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

Velaquí a miña idea de Xosé María Álvarez Blázquez´(Tui, 5-II-1905; Vigo, 2-III-1985), membro da Xeración de 1936. Membro numerario da Real Academia Galega, foi homenaxeado coa Día das Letras Galegas do ano 2008.

En relación a esta ilustración, eu véxoo no medio dun ceo de estrelas, estrelas coma versos, como fíos que ganduxan redes e tecidos harmoniosos na linguaxe de noso. Galiza para sermos todos, Galiza para me dar vida e respirar. Esta é unha ilustración elaborada con teas de tapizar, recortes de xornal (do Sermos Galiza), tinta chinesa e acuarela (ou sexa, técnica mixta).

Quero relembrar aquí un seu poema que di:

Non é certo que os nenos teñan fame 
Non pode ser. 
Ben o sabedes todos 
os que andades no mundo atafegados 
á percura do pan dos vosos fillos.
Ises outros que vedes pola rúa 
pedindo esmola, 
non teñen fame, non, porque daquela 
vos teríades morto de vergonza.

Sem comentários:

Enviar um comentário