sexta-feira, 26 de abril de 2013

ILUSTRACIÓN PARA SERMOS GALIZA

O día 19 de abril ilustrei a entrega número 9 dun relato encadeado (O Crânio de Castelao) que, desta volta, foi escrito por Suso de Toro. A ilustración representa unha persoa que escapa cunha maleta e que, curiosamente, no seu interior, carrexa o cráneo dunha persoa. Tal fór unha radiografía, vemos o interior da mesma, ateigada de roupa, un exemplar do Sermos Galiza, roupa interior e a cabeza ósea. A ilustración (en técnica mixta) está elaborada en acuarela, tinta chinesa, teas de tapizar e recortes de xornal.

Sem comentários:

Enviar um comentário