sexta-feira, 26 de abril de 2013

Estamos estes días a recoller sinaturas para un proxecto que varias persoas (David Otero, Xosé Lois García, Xoán Xosé Fernández Abella, Xosé Val Díaz, Afonso Blanco Torrado e Héitor Picallo) vimos de impulsar: Manifesto na Defensa das Editoras en Galego. E actuamos por mor da lamentábel situación na que estas se atopan e cuns obxectivos ben claros: 
  1. Apoiar solidariamente a todas e cada unha das casas editoriais en galego.
  2. Espertar a opinión pública con respecto a este asunto, estimular a súa concienciación e recompliar adhesións individuais e colectivas que apoien o devandito manifesto
  3. Facer recapacitar á administración pública galega de que é o seu deber protexer e dinamizar este país dende todos os ámbitos e, evidentemente, dende o prisma cultural (comezando coas editoras e librarías, e seguindo coas artes escénicas,a música propia, o cine, o tecido asociativo,...) e na defensa do idioma galego, outrosí.
MANIFESTO
Se estás de acordo co contido deste manifesto podes mandar a túa adhesión ao correo electrónico mardepereira@sapo.pt:

  • Adhesión Individual
    1. Nome e apelidos
    2. Documento de Identidade (D.I.)
    3. Ámbito no que te moves
  • Adhesión colectiva:
    1. Nome da Asociación / Fundación 
    2. C.I.F..


Sem comentários:

Enviar um comentário