sexta-feira, 26 de abril de 2013

TEDEMPO - DE XOSÉ LOIS GARCÍA


PORTADA
Foron moitas as ilustracións que tiven que realizar para o libro de poemas titulado Tedempo (Lugo 2012), froito do incansábel labor do meu amigo e brillantísimo escritor Xosé Lois García (Lugo 1945). Trátase dun poemario histórico, que afonda na "biografía" dun territorio denominado Podente (ou Tedempo), nas terras de Chantada; que afonda na "vida" dunha árbore (familiar por veces) do propio autor, Xosé Lois García (membro da Uniao dos Escritores de Angola). Os contidos son abundantes, críticos e nada crípticos, estéticos pero tamén combativos, posto que entre os versos se percibee unha fragrancia política, re-evolucionaria que o invade todo, que todo o penetra coa forza áxil da metáfora, do epíteto e das alusións directas, cargadas de sinceridade e palabra (contido e continente verbal). 

Esta é a portada, feita con acuarela, tinta chinesa, teas de tapizar e cortiza de sobreira. Un meniño nace baixo a luz dun estrela, e xermola (como parte do mundo que é) como se fór unha faba, unha semente que busca a luz dese astro que o ha alumear toda a vida.

CRÍTICAS


1. Na crítica de David Otero (publicada no Galicia Hoxe 11-XI-2012) dise das ilustracións o seguinte: "E así dunha man polas ilustración elaboradas por Héitor Picallo. Unha docísima sinfonía amorosa e sensible do artista (a chamo de "O Carrapucho" do Baño de Cuntis. Sinfonía plena que di e que conta en liñas creativas que se conxugan no conxunto harmónico das imaxes a cores ben tratadas, que poemiza completando de xeito ricaz ao propio poeta, ao Xose Lois, facendo así máis obra dos seus textos".
Roi Xordo

A Fusquenlla
2. Crítica de Armando Requeixo (Criticalia, 17-III-2013): "Tedempo (...) atesoura aínda outro importante activo que engade prestancia e valía ao conxunto: as coloristas e elaboradas ilustracións de Héitor Picallo, artista que viste cos seus retratos dos personaxes aludidos nos poemas planas completas do libro que locen, así, nas súas acuarelas enriquecidas con técnicas mixtas nas que as tintas chinesas e outros elementos tamén achegan finos acabados".

3. E nas verbas de Vicente Araguas: "(...) todo isto está neste libro, bela e cabalmente ilustrado por Héitor Picallo, relatorio dunha historia, a dos García, recollida a través do tempo, dun tempo Merlán que Xosé Lois Procura nos seus ancestros pretexto ou alibi conceptual para broslar un lápiz tan total como as ilustracións que para el tecera Héitor".

Sem comentários:

Enviar um comentário