sexta-feira, 26 de abril de 2013

NO VÉRTICE DOS CERVOS - de XOSÉ LOIS GARCÍA

Portada
Todo xurdiu logo dunha visita ao Parque Arqueolóxico de Rupestre de Campo Lameiro, nun día de choiva e luz, nun día de humidade. E eu na compaña do poeta, por entre as fendas que gravaron os símbolos totémicos da nosa historia. Pasamos a mañá, compartimos mesa e logo ideas: Xosé Lois García (Lugo 1945) había crear un poemario sobre o alí visto, sentido, percibido,... eu faría unha serie de ilustracións sobre as liñas dos versos. Así nace No Vértice dos Cervos (Toxosoutos, 25-V-2012). Tiven a fortuna de que o autor, por esa amizade que compartimos dende non tanto tempo, me dedicase non só o poemario senón incluso varias das composicións poéticas:

"Héitor Picallo Fuentes e máis eu,
procurando na pedra dura e sinxela,
o neboeiro de antano que molla
e insinúa as tanxentes rupestres,
perfil do que fomos e non somos
Terra completa na esperanza.
Campolameiro, oráculo sen sombra
no brazo executor da nosa liberdade".

CRÍTICA

"Héitor Picallo, con quen tiven o pracer de alternar anos atrás en Cuntis, é un rapaz extraordinariamente bulidor, un home polivalente que igual gaña o Reimóndez Portela de xornalismo, que teoriza sobre autores tan semiesquecidos como atractivos, así Xohán Xesús González, que se implica no mundo literario dos cativos, escribindo para eles a serie Tilirín. Á parte do seu labor como ilustrador do que dan comprida mostra os libros que hoxe teño diante miña".

(Vicente Araguas, Diario de Arousa e Diario de Ferrol, 6-I-2013)

Sem comentários:

Enviar um comentário