sexta-feira, 26 de abril de 2013

ROBERTO VIDAL BOLAÑO. Unha vida para o teatro (de Laura Tato)



Laura Tato Fontaíña, aínda que nada en Vigo (1951) é oriúnda por vía paterna das terras de Cuntis. Estudosa da arte dramática galega, acaba de tirar do prelo de Toxosoutos (2013) o ensaio titulado Roberto Vidal Bolaño. Unha vida para o teatro, o cal leva un limiar do profesor Manuel Quintáns Suárez (Freixeiro - Santa Comba, 28-X-1931). Recomendamos tamén desta autora a obra titulada Historia do Teatro Galego. Das orixes a 1936 (A Nosa Terra 1999), ensaio imprescindíbel (xunto coas propias de Francisco Pillado Maior) para coñecer os pasos polos que discorreu a arte dramática en Galiza. 
Para a Roberto Vidal Bolaño. Unha vida para o teatro realizo a portada, que elaboro en técnica mixta (augatinta, teas de tapizar, folla de xornal -concretamente do Galicia Hoxe- e madeira de castiñeiro).

CRÍTICA

Sobre a caricatura comenta Ramón Nicolás:
"Non esquezo a caricatura de Roberto Vidal Bolaño presente na cuberta do volume e da que se responsabiliza con acerto Héitor Picallo "O Karrapucho", que a realizou con augatinta, teas de tapizar, madeira e papel de xornal: sen dúbida unha nova icona de Vidal Bolaño para este ano que andamos".

Sem comentários:

Enviar um comentário