Por moitos é coñecido, ou ao mellor non por tantos, a existencia
Da totalidade de altares, sobre unhas 119 foron atopadas nas campañas levadas a cabo dende o ano 2003, dirixidas por José Suárez Otero, e nas que participaron arqueólogos galegos e o Instituto Arqueolóxico Alemán (Deutsches Archäologisches Institut). Alén do xa citado museo vigués, hai aras que se conservan nas instalacións do Museo de Pontevedra; porén, agardamos que algún día se fagan as infraestruturas necesaria para albergar un verdadeiro museo dedicado a esta enorme descuberta, no que -ademais- poidas entender en amplitude a importancia deste feito arqueolóxico e a transcendencia que supoñen tales achados na historia da arqueoloxía europea.Aínda que as pezas puideran ser datas no século II d.C., si é certo que o culto a este deus ten que ser moito máis antigo, cando menos ao momento no que se comeza a erguer o castro (aló polo século IV a.C.). E o entorno dese antiquísimo santuario "galego" resulta ser un dos máis marabillosos de Galiza, pois dende o cumio do monte divísase todo o Atlántico e a Costa da Vela (área pertencente á Rede Natura), coas Cíes enfronte.
Velaquí algún debuxo que puiden realizar das mesmas en auga tinta, e sobre lámina 100% algodón.
CRÍTICAS: O filósofo e escritor Ángel Núñez Sobrino acaba de sinalar que "(Alfredo Erias) y Héitor Picallo Fuentes son los mejores dibujantes arqueológicos vivos que posee actualmente Galicia".
(Suplemento de El Correo Gallego - 20 de decembro de 2015, p. 7)
Sem comentários:
Enviar um comentário