segunda-feira, 2 de novembro de 2015

NON QUERO XOGAR ÁS AGACHADAS COA LÚA

Todo se traballa con madeira, con lamina 100% algodón (ou 60% algodón, 40% celulosa),... acuarelas de pastilla e non lápices acuarelados (desta volta). Ás veces, gusto de darlle ao pedal dunha máqui de coser para pasar pola agulla as teas que logo pego con cola de carpinteiro. Así non esfiañan,.. Preciso moita paciencia, pois trátase dun traballo manual, coma dun artesán que vai unindo peciñas e máis peciñas de madeira para rematar unha porta, ou un armario.
O novo proxecto no que ando metido é un fermosísimo conto de Estela Suárez Recouso titulado Non quero xogar ás agachadas coa lúa. Esta obra rematouna a declarada escritora cando estaba en 4º da ESO, cando debía ter algo así como 15 anos.
Daquela xa chegara ás miñas mans un mecanocrito, do que me facilitara copia o amigo Miro Villar. Rematáranse moitas ilustracións,... mais logo de voltas e reviravoltas sairá en vindeiros meses. 
Todas as ilustracións están feitas a man empregando -como é costume en min- materiais diversos. Cunha base en acuarela e tinta chinesa, vaise rematando a decoración de todas as láminas con mapas de estradas ou mapas turísticos, teas (neste caso non son de tapizar), madeira (de castiñeiro e piñeiro), recortes de xornais, escumas sintéticas, anacos de papel de estraza,...
Déixovos aquí varias delas.




1 comentário:

  1. Eres un Genio! comprenderás que me entusiasme más on esto que está más en la línea que me gusta a mí. Eres un ilustrador nato. Que envidia me das. Ya veo que hasta bordados le pones a las colchas. Estás en todo. Magnífico trabajo. Mercedes.

    ResponderEliminar