sábado, 27 de abril de 2013

O BESTIARIO MÁXICO DO ABADE ELISEO - por FRANCISCO ROZADOS

Meiga cun meniño lobishome
O escritor de Forcarei, Francisco Rozados "Rochi" tirou do prelo de Edicións Fervenza (2011) unha colección de relatos baixo o título de O bestiario máxico do abade Eliseo e outras narracións insólitas. Con portada do amigo estradense Manolo Fragoso, nela fomos moitas as persoas que entregamos as nosas ilustracións, cadacal na súa técnica, cos seus contidos e motivos: velaí as magníficas obras de Fran Ameixeiras (hoxe veciño de Moraña, outrora das terras do Baño),...

Dende o meu modesto estudo entregáronse tres pezas, elaboradas todas coa mesma técnica (mixta) e, desta volta, para recrearen a historia do lobishome de Antas. Acuarela, tinta chinesa e teas de tapizar -sobre lámina de papel- son os materiais que se empregaron. Aquí deixo a dunha meiga, que acolle no seu colo un meniño, marcado co pentáculo dos lobishomes.
Lobishome

CRÍTICA

Armando Requeixo, dende o Criticalia, achegou o seguinte sobre as ilustracións: "O bestiario máxico do abade Eliseo e outras narracións insólitas acompáñase para cada historia das suxestións visuais dunha morea de ilustradores, algúns realmente bos, como Héitor Picallo ou Fran Ameixeiras. Un libro para mergullar no recendo antigo da tradición de noso e revivila, homenaxeada, en actualizadas esencias".

Sem comentários:

Enviar um comentário